3º e 4º - Matemáticas Unidade 2

 REPASO DE MATEMÁTICAS UNIDADE 2



Boas! O seguinte exame a sociais é o de matemáticas, polo que é mui importante facerdes algunhas das actividades propostas no final da unidade 2. Estas actividades son un mui bon repaso para o exame e podedesvos guiar polas actividades feitas no caderno ao longo da unidade.

Nas páxinas 34 e 35, debedes facer as actividades 1, 2, 4, 5, 7, 9, 10, 11, 12, 14 e 17.

Para as actividades 4 e 5, lembrade que na páxina 28 están explicadas as partes da resta (minuendo, substraendo e diferenza) e a súa proba para comprobardes se está ben feita. 

Para a actividade 14, tendes que inventavos un problema seguindo o explicado o enunciado. Aconséllovos escribir a diferenza primeiro (463) e despois tentar dar cos números que, unha vez restados, resultan nese mesmo número.


Nas páxinas 34 e 35, debedes facer as actividades 1, 2, 4, 6, 8, 9, 11, 13, 14, 15 e 16. Algunhas de vós xa fixestes varias destas actividades, polo que non as tendes que repetir. Continuade onde rematastes.

Para actividade 6, tendes a explicación na páxina 28. Na actividade 8, reparade ben cando é que nasceu e morreu Mozart. Nas actividades 14 e 15 tendes que facer varias operaciois.

Un saudiño e cuidádevos muito,

Lucas



  

Comentarios

Entradas populares